Arquivos mensuais | Xuño 2013

Parabéns Pablo!!

Pablo xa ten 3 anos e na aula dos elefantes fixemos unha festa para celebralo!! Pablo xa é todo un experto soprando as velas. Despois de cantarlle o cumpreanos varias veces. Todos/as disfrutamos bailando. Parabéns Pablo!!

Os moniños Sheila e Leo xa temos tres anos!!

E mirade que ben o pasamos festexándoo cos amigos e amigas da aula!!

Os monos teñen auga máxica!!

Os moniños xogaron a facer auga de cores!!  

As xirafas e o mundo mariño

Durante estas semanas estivemos coñecendo o mundo mariño, para isto fomos a unha sesión de cine sobre o mar, pintamos uns cangrexos e un peixe globo e ademais, fixemos un acuario xunto cos compañeiros das outras aulas.

Os elefantes facemos peixes pallaso para o acuario

Esta semana continuamos aprendendo cousas do mar e fixemos peixes pallaso con pratos de cartón, para iso os nosos artistas pintaron de cor laranxa os peixes e despois axudaronos a colgalos no acuario da escola. Se estes días falan dun peixe chamado Nemo xa sabedes porque é.

Facemos o noso propio acuario!

Fixemos un acuario entre todas as aulas da escola, a nos tocáronnos os pulpos!!

As xirafas e o mundo mariño

As xirafas estamos aprendendo moitas cousas sobre o mundo mariño a través dos bits, contos, debuxando o mar, pintando peixes…mirade:

As cebras facendo o mar

facendo cores

as cebras facendo e xelatina