Listas definitivas de admitidos/as e lista de agarda das escolas do Consorcio resultantes do baremo extraordinario de setembro para o curso 2014-2015

A Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar anuncia a publicación das listas definitivas de admitidos/as e de agarda nas escolas infantís xestionadas polo Consorcio resultantes do baremo extraordinario de setembro para o curso 2014-2015.

O prazo de formalización da matrícula establécese do 10 ao 14 de outubro, ambos os dous incluídos.
De non formalizar a matrícula no prazo estipulado, decaerá o dereito á praza.

A data de incorporación ás escolas dos nenos matriculados neste novo prazo será o 15 de outubro.

NOTA: As listas publicadas son copia das orixinais que están depositadas nos arquivos do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Documentación a presentar para formalizar a matrícula:

1. Documentación presentada para formalizar a matrícula.

2. Modelo de aceptación e formalización de matrícula.

3. Certificado médico do neno ou da nena.

4. Fotocopia cotexada da tarxeta de Seguridade Social ou documento equivalente.

5. Seis fotografías tamaño carné.

6. Impreso de domiciliación bancaria.

7. Modelo de renuncia de matrícula.

Autorizacións:

1. Modelo autorización de recollida do neno.

2. Modelo autorización de saídas didácticas.

3. Modelo de autorización de reportaxes de fotos e vídeo.

4. Modelo de autorización para administrar medicamentos.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>