Arquivos mensuais | Outubro 2014

ACTIVIDADES DE OUTONO DOS NENOS DA CASITA DE CHOCOLATE

Os nenos da aula da casiña de chocolate fixemos un erizo con barro e logo puxemoslle os pinchos con fideos, e quedaron chulisimoss!!! Ademáis pintamos follas e caracois para decorar a nosa aula.    

ANIVERSARIO MATEO

Este mes celebramos o aniversario de Mateo. Primeiro fixemos entre todos a tarta da avoa para logo disfrutar comendo esta tarta tan deliciosa.

Aniversario Alonso

Listas definitivas de admitidos/as e lista de agarda das escolas do Consorcio resultantes do baremo extraordinario de setembro para o curso 2014-2015

A Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar anuncia a publicación das listas definitivas de admitidos/as e de agarda nas escolas infantís xestionadas polo Consorcio resultantes do baremo extraordinario de setembro para o curso 2014-2015. O prazo de formalización da matrícula establécese do 10 ao 14 de outubro, ambos os dous incluídos. […]

Chegou o outono!!!

Cando chega o outono é tempo de vendima!! As uvas son as protagonistas.A súa textura, forma,cor,sabor… Os nenos/as de 2-3 recolleron as uvas que anteriormente trouxeron  as súas familias da casa. Encantoulles a experiencia  e pasárono moi ben, compartindo con outros iguais esta actividade tradicional.