Arquivos da etiqueta: rede

Tecendo os fíos da rede

A quen tiña a Infancia na voz

Comezamos esta actividade no blogue coa expectativa de poder xerar un recurso para todas e todos as e os profesionais da Rede, unha ventá para a difusión de experiencias tan interesantes que se están a desenvolver no conxunto das escolas, e sobre todo unha oportunidade de comunicación e de reflexión conxunta.

Para iso, desde o Equipo de Atención Educativa gustaríanos, como primeira actividade, trasladarvos a visión que Carlos Santos tiña do que se estaba a xerar, do que estaba medrando e do que tiñamos que coidar para poder consolidar e fornecer a educación dos mais pequenos.

O TRABALLO EN REDE

O Proxecto Educativo do Centro, é a carta, o documento que define a identidade de cada escola. A nivel de rede cóntase cunhas pautas comúns que van sendo adaptadas por cada centro en función das súas peculiaridades e dende a súa autonomía. O proxecto educativo debe definir: quen somos como centro; que pretendemos como centro e como nos organizamos. O proxecto educativo de base, o modelo educativo que se propón nas escolas xestionadas polo consorcio, está baseado: no respecto póla lexislación vixente; nunha aposta póla procura dunha oferta dun servizo de calidade para a cidadanía galega; nunha visión da pedagoxía da primeira infancia que se fundamenta en propostas innovadoras contrastadas a nivel internacional e que ten como referentes os estándares de calidade marcados como recomendacións polas comisións expertas da Unión Europea.

foto1redimensionado

Antes de sinalar os elementos xenéricos que conforman un proxecto educativo base dunha escola da rede, compre sinalar que no trasfondo do mesmo, existen unhas ideas de base que nos sitúan no contexto educativo e que nos diferencian ou nos fan singulares con respecto a outros programas ou modelos educativos.

Piares básicos do proxecto educativo

  • Promóvese o desenvolvemento harmónico e integral das nenas e dos nenos.
  • Enténdese a escola infantil como un lugar de afianzamento das relacións sociais no que os encontros, a comunicación, o intercambio, o respecto, a igualdade e solidariedade son marcos básicos para a convivencia e a aprendizaxe en conxunto.
  • Concíbense aos nenos e ás nenas como principais protagonistas da súa aprendizaxe: axentes de cambio, persoas activas, sociables , abertas e competentes.
  • Considéranse ás familias como primeiro axente de socialización e de afianzamento dos primeiros vínculos da/o nena/o sendo unha peza imprescindible na educación da/o cativa/o, polo que a colaboración e participación familia-escola faise primordial na tarefa común levada a cabo mediante o afianzamento das relacións de comunicación fluída e confianza mutua.
  • Asúmese a participación como forma básica de funcionamento, onde todo o persoal traballa ene quipo dunha maneira colaborativa e coordinada co firme compromiso dunha educación baseada nos valores de igualdade, a non discriminación e o respecto aos dereitos da infancia. Mais particularmente, nos momentos mais significativos da xornada, ao fronte de cada grupo de nenas/os, traballan dúas persoas que comparten as mesmas responsabilidades ofrecendo unha atención mais individualizada a cada unha/un delas/es.
  • Concíbese o rol do adulto como apoio, guía, posibilitador de experiencias, xerador de contextos de aprendizaxe tomando prioridade a organización de espazos, tempos e materiais.
  • Poténcianse actividades que teñan en conta as súas individualidades e accións propias, facilitando o establecemento das relacións sociais e afectivas entre as diferentes persoas.
  • Favorécese o interese e a curiosidade polo seu contorno físico, familiar, social e cultural, facilitando recursos para coñecelos, comprendelos e respectalos, pero sobre todo: experimentalos e vivilos.
  • Enténdese o proceso de ensino – aprendizaxe como un proceso activo, de construcción e investigación.
  • Promóvese unha avaliación continua de cara á mellora dos procesos. A documentación e posta en valor da actividade desenvolta é unha parte importante desta avaliación.

Tendo en conta este marco as escolas da Rede levan a cabo actuacións que posibilitan que a/o meniña/o poda medrar integramente mediante contextos que lle faciliten o movemento, á autonomía persoal, o coñecemento do seu contorno próximo, a interacción- relación cos iguais e adultos, o emprego das diversas linguaxes para a comunicación e representación.

A incorporación da/o cativa/o por primeira vez á escola supón un feito relevante

de aí que se faga imprescindible que exista unha planificación de accións a seguir por parte do equipo considerando aspectos base para a mesma:

  • Incorporación progresiva das/os nenas/os, mínimo durante a primeira semana, aumentándose os tempos en función das necesidades especificadas de cada cativa/o acolléndoos de maneira individualizada
  • Acompañamento inicial coas persoas de referencia
  • Organización de espazos e materiais
  • Comunicación e colaboración continua coa familia
  • Importancia dunha asistencia regular para que chegue a converterse nun hábito por parte da/o nena/o.

Isto posibilita coñecer a novas persoas, compañeiras e compañeiros, espazos,
materiais e actividades que acontecen tendo en conta que neste proceso resulta primordial
a comunicación e colaboración mutua entre ambos contextos familia e escola mediante
entrevistas individuais, xuntanzas xerais e grupais, titorías, participación nas dinámicas ou
actividades da escola favorecendo o achegamento das/os nenas/os a un novo medio ao
familiar.

foto3redimensionado


Todo momento na escola infantil é educativo partindo dunhas pretensións comúns por parte dos profesionais en colaboración coas familias, cobrando gran relevancia as actividades cotiás como marcos reais de aprendizaxe indo moito mais aló de cubrir as necesidades básicas das meniñas e meniños. Isto último reafírmase nas conclusións acadadas nos grupos de traballo por parte das direccións na actividade formativa desenvolta no mes de decembro 2009 no módulo de xestión educativa “ Planificación e programación do cotiá” resaltando que: “ as actividades cotiás son a base de tódalas aprendizaxes das/os nenas/os ao ser pretas a eles mesmos acontecendo nun marco coñecido, seguro como é o ámbito familiar, son importantes para que adquiran a seguridade en se mesmos e autonomía persoal, anticipar situacións que lles axude a tomar conciencia das primeiras nocións temporais “ este tipo de actividades deben estar planificadas por parte do equipo educativo na proposta pedagóxica da escola”. Destacan no debate que aínda que se teñen sempre en conta no facer diario si queda pendente que conxuntamente nas xuntanzas do equipo se recollan por escrito as intencións, formas de facer, a súa organización, documentación e avaliación.

  • As situacións de reencontro e despedida no día a día axudan a reforzar os vínculos de confianza e afectos da/o nena/o e familia coa escola. Se tratan de momentos que posibilitan a aprendizaxe de habilidades e actitudes relacionais e de comunicación, dando a oportunidade para interesarse os uns polos outros e coñecerse moito mellor afrontando con éxito os trocos e novas situacións que lles permitan sentirse seguros e confiar nas súas capacidades.

foto6redimensionado1

  • O momentos do comedor, hixiene e descanso entendidos como ademais de ser actividades vitais para as/os cativas/os son momentos nos que se establecen interaccións meniña/o-adulto entre iguais, promoven unha gran variedade de sensacións, reafirmación do vínculo afectivo, adquisición de hábitos e habilidades xunto aos aprendizaxes básicos de autonomía.

foto7redimensionado2foto9redimensionado1


  • Actividades de manipulación, experimentación que propician que nenas/os teñan gañas por descubrir, explorar mediante os sentidos e crear por se mesmos coñecendo as  características dos obxectos do seu contorno próximo e combinación; o coñecemento, as posibilidades e limitacións do seu propio corpo, relación e interese polas/os demais compañeiras/os. Empregando para este tipo de actividades materiais naturais, continuos, da vida cotiá, de refugallo ofertando así multiciplidade de experiencias.

experimentacion_2-3_rua_palencia_02redimensionadopoio_linguaxe_plastica_manipulacion_0-1_2008_041

  • Actividades de comunicación, representación e coñecemento do contorno que promoven a utilización das diversas linguaxes para expresar sentimentos, desexos e a representación da realidade e a curiosidade polo coidado da natureza gozando coa participación das costumes e tradicións culturais.
  • Actividades nos espazos exteriores, que facilitan a actividade motora, os xogos de fantasía e as experiencias coa natureza.

foto10redimensionado3

  • Os espazos e materiais respostan ás necesidades e características das/os nenas/os, familias e profesionais nun ambiente acolledor, amable, funcional que lles permita sentirse cómodos.

foto12redimensionado1

  • A participación das familias nas actividades da escola: obradoiros, eventos de celebración, actividades conxuntas coas/os fillas/os, saídas didácticas, xuntanzas xerais, grupais, titorías e Consello escolar.

foto18redimensionado

Para que todo isto se poda levar a cabo é imprescindible, tendo presente que a educación é unha tarefa común, que todas as persoas que traballan na escola infantil 0-3 o fagan de maneira coordinada e coherente axudando e colaborando na construción do Proxecto da Escola. Vivenciando este traballo en equipo como Oportunidade: intercambio de ideas, contraste de opinións, bosquexo de solucións de mellora promove a idea de que aprendemos en interacción cos demais: a comunicación, colaboración, coordinación, a empatía, a escoita activa, a ilusión, o compromiso…, son pezas chaves para que esta forma de traballo sexa posible. Cabe non esquecer que na escola infantil nenas e nenos, familias, profesionais e comunidade aprendemos e medramos conxuntamente”.

Carlos Santos Mato