Arquivo da categoría: NOVAS

Nova andaina dos Centros de Recursos da Rede de Escolas Infantís de Galicia, dependentes do Consorcio Galego de servizos de Igualdade e Benestar.

IMG_1060-1Os Centros de Recursos comezaron a súa andaina neste curso escolar. Trátase dun proxecto que busca achegar recursos educativos ás escolas e aos seus profesionais. As escolas de Ourense Barrocás, Vilagarcía de Arousa, Mondoñedo, Viana do Bolo, Ferrol, Silleda e Culleredo O Burgo, convírtense nos centros neurálxicos para a xestión do acceso a estes recursos, estando adscritas a eles todas as escolas de xestión directa da nosa rede.

É a través do sistema de xestión Kóha, e tras darse de alta e rexistrarse como usuarios, que se pode acceder ao catálogo público cos recursos existentes na actualidade.

O fondo bibliográfico consta de 50 títulos de recente publicación abordando diversas temáticas sobre o 0-3, tales como: psicomotricidade, movemento, xogo, psicoloxía, atención á diversidade, pedagoxía, historia da educación, etc. que pretenden contribuír ao coñecemento de investigacións, estudios, e experiencias sobre esta etapa da infancia. Deste xeito, as e os profesionais do 0-3, poden debater, desenvolver, reflexionar, compartir ou avaliar a propia práctica educativa diaria, e as necesidades educativas dos nenos e familias, sempre dun xeito respectuoso, crítico e responsable coa infancia en xeral, e estendendo as boas prácticas á sociedade no seu conxunto, unha sociedade cada vez máis informada e esixente coas necesidades e o coidado da infancia.

Agardamos que estes recursos se poidan seguir actualizando e implementando co tempo, para así favorecer a súa difusión, en aras de procurar unha aprendizaxe máis autónoma, capaz e satisfactoria cos nenos e as súas familias.

educaBarrié

viras-a-seguinte-clase

A Fundación Barrié de la Maza ven de iniciar unha nova contribución ao servizo da comunidade educativa, EducaBarrié,  que desenvolven proxectos en tres áreas de actuación: Educación e Investigación, Patrimonio e Cultura e Servizos Sociais.

Dentro desta iniciativa, temos a oportunidade de asistir á conferencia a cargo de José Antonio Marina, filósofo e autor de A educación do talentoO cerebro infantil: a gran oportunidade.

José Antonio Marina dirixiu as súas investigacións ao estudo da intelixencia e do pensamento, en especial aos mecanismos da creatividade artística, científica, tecnolóxica e económica.

É fundamental a súa achega ao ámbito da educación en España, colaborando habitualmente co Goberno central en programas de mellora da mesma e como asesor.