CHARLA -COLOQUIO CO ALUMNADO DO CIFP “ANXEL CASAL-MONTEALTO”.

IMG-20180427-WA0009

O venres 27 de Abril directora da Escola Infantil de Sobrado dos Monxes, Mª del Pilar Pájaro Naveira, participou como relatora nun encontro co alumnado do Ciclo Superior de Técnico en educación infantil do CIFP Anxel Casal- Montealto, invitada pola profesora María López Avendaño.

O motivo da charla foi compartir a visión da infancia e as distintas experiencias que se desenvolven nesta escola infantil e que as/os estudantes coñecen a través do blogue , así como xerar un espazo de reflexión e debate sobre as prácticas educativas e a metodoloxía activa e participativa empregada nesta escola.

A través dun obradoiro práctico reflexionaron sobre diversas concepcións da infancia, a escola, e a familia, así como sobre as persoas profesionais da escola infantil. Posteriormente desenvolveron unha posta en común entre todas e todos as participantes,  Pilar amosoulles o proxecto da escola infantil de Sobrado, os principios básicos e as liñas metodolóxicas do centro, así como os criterios comúns que como equipo educativo foron adoptando dende os momentos iniciais do funcionamento da escola para a práctica docente e organización da escola. Para acadar unha maior dinamización e argumentación no debate utilizouse material de vídeo e fotografías sobre diferentes aspectos e momentos da escola.

Rematou a xornada coa solicitude por escrito da valoración da xornada, na que se puido comprobar a satisfacción das persoas asistentes e o cumprimento das expectativas que tiñan sobre a charla.

Moitas grazas a Mª del Pilar Pájaro Naveira, e ao equipo da EI de Sobrado por poñer en valor as boas prácticas no 0-3.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>