Arquivos mensuais: Novembro 2011

PROXECTO EDUCATIVO MARCO

¿Qué entendemos por proxecto educativo?

O proxecto_educativo_marco corresponde ao 2º nivel de concreción curricular, é dicir, é a adaptación do currículo ao contexto do centro no que se produce a intervención educativa.

Poderiamos definilo como: unha proposta integral que, contextualizada nunha realidade concreta e definindo as propias metas de identidade, permite levar a cabo, de forma coherente e eficaz, os procesos educativos do centro (Ruíz, Ruíz, JM).

Este instrumento de traballo deberá ser motivo dunha reflexión constante e aberto sempre á mellora e ao perfeccionamento (Antúnez, s.1993). Debe conter unha proposta global e colectiva de actuación a longo prazo, en cuxa elaboración participan todos os membros da comunidade escolar, que permite dirixir de modo coherente o proceso educativo nun centro ( Bernal Agudo, JL 2006).

Trátase dun instrumento breve e manexable, de fácil aceso e consulta, flexible e progresivo, susceptible de modificación e mellora mediante os procesos continuos e sistemáticos de avaliación.

Dende o Equipo de Atención Educativa estamos a traballar neste documento para actualizalo e achegalo máis a realizade das nosas escolas, incluíndo dentro do mesmo a proposta pedagóxica que nace da práctica diaria e a reflexión conxunta.

RECURSOS BIBLIOGRÁFICOS


Poñer a disposición recursos bibliográficos de consulta para as escolas infantís supón a xeración dunha fonte documental, que está en consonancia co noso ámbito de actuación educativa .

Ter a posibilidade de dispoñer destes recursos documentais para a Rede de Escolas Infantís, supón conformar unha plataforma común que permita á comunidade de escolas coñecer a praxis educativa doutros contextos, extraer novas ideas , ter visións e perspectivas doutros profesionais do 0-3…, que nos axuden a mellorar a nosa práctica diaria.

A posibilidade de contar con esta ferramenta no blogue permítenos enmarcar un campo científico, simbólico, experiencial e profesional de referencia, no que se recoñezan e identifiquen todos os que comparten un mesmo ámbito disciplinar.