Arquivo da categoría: As miñas anotacións

O noso Magosto

Xa estamos  en  novembro  e  chegou  o  día  do  Magosto.  Neste día, crianzas, familias e persoal da escola compartimos uns momentos saboreando os manxares que nos ofrece esta actividade: castañas e chourizos asados, empanadas e pan de Cea; todo regado con refrescos e auga. A “máquina do tren” tamén botu unha man.

 

 

 

 

A Vendima

No  mes  de  outubro  celebramos  a  vendima  neste centro. Entre outras actividades, as  nenas e nenos aprenderon a pisar as uvas coas debidas condicións hixiénicas, coar o mosto nun barreño, e sobre todo, disfrutar do doce sabor deste líquido elemento.