Últimas novas
VISITA OBRAS EI A ESTRADA (23 FEBREIRO 2018)

A nova escola infantil da Galiña Azul na Estrada estará lista para a súa entrada en servizo no curso 2018-19

[23-02-2018] O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Consellería de Política Social, Perfecto Rodríguez Muíños, visitou a primeira hora desta tarde o Concello da Estrada para supervisar as obras de construción da nova escola infantil da rede autonómica “A Galiña Azul”, que estará situada na zona de nova urbanización de A Baiuca.

FOTO A ESTRADA

 

A Estrada, 23 de febreiro de 2018.- Perfecto Rodríguez constatou que a execución, que desenvolve a UTE adxudicataria (formada polas empresas Petrolam e Galasur), acada neste momento case o 75%. “Xa están instalados carpintería e vidros e neste momento están a rematar o revestimento exterior da fachada”, subliñou o xerente do Consorcio, que engadiu que os seguintes pasos serán “os solos interiores, pinturas, remates, o valado do patio exterior e a instalación da caldeira e da maquinaria”.

O responsable do órgano que xestionará a escola de A Estrada avanzou que “o Consorcio licitará nas próximas semanas o seu equipamento e o mobiliario, que se deixa sempre para a última fase do desenvolvemento do proxecto para evitar o seu deterioro antes da posta en servizo. Este novo centro suporá un investimento global -incluídos estudos, proxecto, dirección de obra e equipamento e mobiliario- de máis de 1 millón de euros, dos que o Consorcio achegará 730.864 euros e, a contía restante, o Concello de A Estrada. As obras de construción foron adxudicadas en 777.504,86 euros.

VISITA OBRAS EI A ESTRADA (23 FEBREIRO 2018)

“A Galiña Azul” de A Estrada, asentada nunha parcela de 2.400 metros cadrados cedida polo Concello, ofertará 74 prazas (5 unidades) e rematará coas habituais listas de agarda (nomeadamente, nas quendas de mañá) na actual escola infantil municipal. A suma das 102 prazas coas que conta ese centro (co-financiado polo Goberno galego), máis as 74 que ofertará a nova escola da rede da Xunta, elevarán a ratio de cobertura pública nese concello ata un 40,1%, máis de 7 puntos por riba da recomendada pola Unión Europea.