IMG_2330

BLOG ESCOLA INFANTIL SOBRADO – CLAVES DA APRENDIZAXE: QUE E COMO

“Siendo el tema otoñal una cuestión muy poco frecuente en los intereses espontáneos de los niños y las niñas, es un contenido fijo en la inmensa mayoría de los centros -aunque no figure como esencial en ningún marco curricular- y, en algunos casos, se repite año tras año hasta que los niños se diploman en “tercer curso de otoño””. Paniagua, G.; Palacios, J. : Educación Infantil. Respuesta educativa a la diversidad.

IMG_233020170623_114831

Cando vemos que unha nena ou neno está a repetir expresións dos adultos, que inicia aprendizaxes que non corresponden ao seu momento, que as propostas coas que actúa son elixidas polos adultos, onde hai moito traballo de mesa e cadeira, pinturas e papel, fichas, ou ben se traballa por centros de interese (interese dos adultos), entre outros, non se consegue unha aprendizaxe efectiva. Se algo se aprende, non perdura no tempo. E, o mais importante é que os nenos e nenas, con este tipo de actividades, vivirán moi cedo as primeiras experiencias de fracaso é frustración.

Aínda así, algunhas familias ou mesmo profesionais, esperan que a escola infantil ofreza contidos preescolares. Por sorte, cada vez menos.

IMG_3002IMG_2152

Que aprendan cousas novas e que se relacionen con outras nenas e nenos, son as expresións mais comúns que ofrecen as familias na entrevista inicial, cando lles preguntamos o que esperan da escola infantil de Sobrado.

IMG_574720180104_123657

Pero que cousas aprenden realmente na escola infantil?

Na escola infantil procúranse aprendizaxes que fan posible o desenvolvemento físico, motor, emocional, afectivo, social e cognitivo das nenas e dos nenos. O coñecemento do seu propio corpo, as súas posibilidades de acción, o respecto polas diferencias, o desfrute pola exploración do contorno adquirindo autonomía nas súas actividades cotiás, o desenvolvemento das súas capacidades afectivas, relacionándose cos demais e adquirindo pautas de convivencia e resolución pacífica de conflitos, tamén as habilidades comunicativas e outras formas de expresión e iniciarse nas habilidades lóxico-matemáticas, entre outras.

IMG_2537IMG_3904

Para que unha nena ou un neno aprenda, precisa experimentar, observar, facer, escoitar. Pero non de calquera xeito. Todo o que están experimentando, observando, facendo ou escoitando, debe ter sentido para eles e elas. Polo tanto, aprenden do mesmo xeito que aprendemos cousas novas as persoas adultas.

E, outro aspecto interesante é que debe existir motivación. O que se aprende debe ser do seu interese. Exactamente igual que as persoas adultas.

IMG_392120180110_100922

Ademais coñecemos o que mais lles interesa a os nenos e nenas: accións sobre os obxectos, sendo o xogo o instrumento pedagóxico por excelencia, e a acción directa en contextos cotiás, onde hai interacción con outros e outras.

20170426_094413as-nosas-vistas

Polo que, o traballo da escola infantil será observar e facer propostas para que se dea unha aprendizaxe de calidade.

IMG_6433IMG_6860

E, a maiores, se esas aprendizaxes se dan nun clima tranquilo, de afecto e seguridade, con propostas adecuadas, que eviten a discriminación, que permitan a intervención enriquecedora dos adultos, e coa coordinación entre os dous mundos mais importantes para o neno e a nena: a familia e a escola, a aprendizaxe está asegurada.