NEVE NOGUEIRA  OTRA

Xogamos coa neve!!! – Blog escola infantil Nogueira de Ramuín

[11/04/2017] Despois de xogar un ratiño fóra, de ver cómo caían as folerpas de neve, de facer bolas de neve, de tocala,… de investigar e observar a cor, se está dura ou branda, as bolas de neve están duras ou brandas, se está fría ou quente,….. recollemos uns cantos caldeiros cheos de neve entre tod@s para seguir xogando coa neve pero ao quentiño.

NEVE NOGUEIRA

Dentro da escola, enchemos a nosa mesa de experimentación coa neve que recollemos fóra,… e a xogar!!!

E se lle botamos unhas pingas de colorante alimentario de cores qué pasa cando cae na neve?

e o mesturarse as cores,…..?

E se a neve cae no chan,  e como temos a calefacción polo chan, a neve convértese en auga, ohhhhh!!!!!